Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Convocado o programa de autoformación da EGAP para o ano 2021

    Cursos / Xoves, 25 de Marzo de 2021.

    A Escola convoca 9200 prazas distribuídas nas 46 materias correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).


    Acceso aos contidos
    Os contidos dos cursos de autoformación estarán dispoñibles a partir do día 26 de abril e ata o 20 de decembro de 2021, agás para os contidos sobre aplicacións informáticas de bases de datos, follas de cálculo, tratamento de textos e presentacións gráficas de Microsoft Office 2019 e os de uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo e de tratamento de textos de LibreOffice Writer, que estarán dispoñibles a partir do 24 de maio.
    A solicitude de acceso aos contidos poderá facerse en https://egap.xunta.gal/matricula
    Cada persoa determinará libremente o número de contidos nos que queira inscribirse e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.
    O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas nin dá dereito á expedición dun diploma.

    Probas de avaliación
    Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e conseguir un certificado de equivalencia.
    Matrícula: desde as 8 horas do 26 de marzo ata as 23.55 horas do 10 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula
    O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar limítase a cinco.

    Información sobre o funcionamento do programa de autoformación da EGAP aquí
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 926 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212