Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca novos e-martes sobre notificacións electrónicas

    Xornadas / Martes, 20 de Abril de 2021.

    A EGAP convoca dúas xornadas de formación práctica dixital (e-martes) os días 4 e 18 de maio coa finalidade de finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.


    Contidos
    • Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal
    • Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
    • Sede electrónica.
    A formación será impartida nunha primeira parte teórica e común aos dous grupos de persoas destinatarias e nunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da escola.

    Persoas destinatarias:
    • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: os martes 4 e 18 de maio
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 6 horas lectivas cada xornada
    Número de prazas:
    • Persoal empregado público: 16.
    • Cidadanía: 13.
    Inscrición: 
    • Para a xornada do 4 de maio: desde as 8 horas do 21 de abril ata as 23.55 horas do día 26 de abril 
    • Para a xornada do 18 de maio: desde as 8 horas do 21 de abril ata as 23.55 horas do día 10 de maio 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 933 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212