Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de responsabilidade patrimonial da Administración pública e o seu seguro

    Cursos / Xoves, 22 de Abril de 2021.

    A EGAP convoca, en colaboración coa Fundación INADE, un curso mixto (presencial + telepresenza) co obxectivo de ofrecer unha formación completa en materia de responsabilidade patrimonial derivada de danos a particulares como consecuencia do funcionamento dos servizos públicos, así como acerca do réxime xurídico aplicable ao seguro de responsabilidade patrimonial das administracións públicas.


    Persoas destinatarias: O curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local como de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica. No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderán acceder profesionais con interese na materia que estean en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
    Prazas: 60
    Duración: 32 horas lectivas (6 horas presenciais, 18 horas de telepresenza e 8 horas de traballo autónomo do alumnado).
    Datas: do 7 de maio ao 16 de xullo 
    Inscrición: desde as 8 horas do 23 de abril ata as 23.55 horas do 30 de abril en https://egap.xunta.gal/matricula
    Prezo: o importe total da matrícula será de catrocentos cincuenta euros (450 €).


  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 934 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212