Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais

    Cursos / Luns, 26 de Abril de 2021.

    A EGAP, en colaboración coa Consellería de Política Social, convoca un curso que ten como finalidade capacitar o persoal que opta a postos de inspección de servizos sociais ou que presta apoio á inspección de servizos sociais nos coñecementos específicos dos diferentes ámbitos de actuación e nas habilidades necesarias para o correcto desenvolvemento destas funcións.


    Persoas destinatarias: persoal funcionario dos subgrupos A1, A2 e C1 e persoal laboral dos grupos I e II da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontre en situación de servizo activo ou asimilada. Terán preferencia na selección as persoas con titulación universitaria (licenciatura ou grao correspondente) en dereito, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, educación social, relacións laborais, traballo social, ciencias políticas, socioloxía, terapia ocupacional, enfermaría, fisioterapia ou medicina. 
    Modalidade de desenvolvemento: mixta (presencial e teleformación)
    Duración: 120 horas (45 horas lectivas presenciais e 75 horas en liña)
    Datas: do 20 de maio ao 29 de xuño de 2021
    Matrícula: desde as 8 horas do 27 de abril ata as 23.55 horas do 10 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula Dentro do prazo de presentación das solicitudes as persoas solicitantes deberán remitir ao correo electrónico: novas.egap@xunta.gal unha copia das súas titulacións.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 935 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212