A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca, dentro do Ciclo de conferencias sobre novidades lexislativas no ámbito autonómico, para o próximo 11 de maio o webinario A Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia: novidades e aspectos máis significativos da nova regulación de ordenación do territorio.
Obxectivos: expoñer as novidades máis significativas desta lei recentemente promulgada, en especial con relación a aqueles aspectos con incidencia no eido urbanístico, ambiental e local, así como destacar as súas interaccións coa normativa vixente en materia de urbanismo, do procedemento administrativo e do sector enerxético.
Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais e da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia
Data: martes, 11 de maio de 2021
Modo de impartición: telepresenza
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas
Duración: 2 horas lectivas
Prazas: 60
Inscrición: desde as 8 horas do 30 de abril ata as 23.55 horas do día 6 de maio de 2021 en
https://egap.xunta.gal/matricula