Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP forma o persoal empregado público en materia de seguros e responsabilidade patrimonial

    A Escola / Venres, 7 de Maio de 2021.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou hoxe o Curso superior de Responsabilidade patrimonial da Administración pública e o seu seguro que formará a 60 persoas durante as vindeiras semanas.


    A actividade, que combina sesións presenciais e en liña, centrarase no campo da responsabilidade patrimonial derivada de danos a particulares como consecuencia do funcionamento dos servizos públicos, e sobre o réxime xurídico aplicable ao seguro de responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

    Ao acto de apertura do curso tamén asistiron o presidente da Fundación INADE (Instituto Atlántico do Seguro), José Ramón Santamaría; e o director da Cátedra Fundación INADE-UDC, Fernando Peña López.

    Durante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos subliñou a importancia que cobran as temáticas relacionadas cos seguros e a responsabilidade patrimonial no sector público, non só pola súa relevancia no contexto presente, senón tamén por tratarse dunha materia complexa, cuxa operatividade depende do cumprimento de requisitos estritos que cómpre entender e respectar.

    Neste sentido, explicou que este curso completa o esforzo realizado pola EGAP para ampliar o coñecemento dos empregado públicos neste eido, presente no Plan de formación anual, no Programa de autoformación e a través de varios artigos na Revista Galega de Administración Pública (Regap).

    Finalmente, a directora da Escola destacou as vantaxes que achegan as novas modalidades formativas, xa presentes na Escola desde hai tempo e reforzadas por mor da pandemia. Dentro delas, incidiu na especial relevancia adquirida pola telepresenza debido á súa contribución ao mantemento da calidade da docencia, á conciliación da vida persoal e laboral, e polas boas valoracións recibidas por parte do alumnado.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 940 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212