Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola publica unha convocatoria extraordinaria de actividades de formación continua

    Cursos / Martes, 11 de Maio de 2021.

    Convocadas as actividades de formación continua correspondentes ao primeiro semestre do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, rexistrouse un elevado número de solicitudes nalgunhas da actividades formativas que é preciso atender. En consecuencia, a EGAP decidiu responder a esta demanda mediante a realización dunha convocatoria extraordinaria.


    Coa oferta de novas prazas nas ditas actividades fornecerase o persoal empregado público dos recursos necesarios para o mellor desenvolvemento das súas tarefas, especialmente para as de tipo específico. Ademais, reforzarase a formación en materias de grande importancia no contexto actual como son a xestión e execución dos fondos europeos para a reactivación económica ou a prevención e loita contra a violencia de xénero.

    Persoas destinatarias: O persoal funcionario e o persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e da Administración institucional.

    Matrícula: desde as 8 horas do 12 de maio ata as 23.55 horas do 20 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.


  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 941 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212