Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca o webinario Catro décadas do Estado autonómico: balance e perspectivas desde Galicia

    Xornadas / Martes, 11 de Maio de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco do Instituto de Economía Pública de Galicia, o webinario Catro décadas do Estado autonómico: balance e perspectivas desde Galicia que terá lugar o xoves 20 de maio na modalidade de telepresenza.


    Todos os indicadores de uso común mostran a extraordinaria descentralización en España desde finais dos anos setenta, pasando de ser un dos países da OCDE máis centralizados a estar no máis alto. De feito, dentro da Unión Europea, o Estado español lidera as clasificacións de descentralización fiscal máis comúns, superando mesmo aos países federais cunha longa tradición. Non hai ningún país para emular a nivel mundial. Todos mostran defectos e disfuncionalidades e ou ben optaron por solucións que puidesen considerarse controvertidas en relación ao ditado da literatura económica e política sobre o federalismo, ou ben probaron fórmulas imposibles de replicar para España, debido ás condicións históricas ou legais derivadas da nosa pertenza á Unión Europea. Inevitablemente, o modelo español debe ser propio e diferenciado, axustado ás nosas particularidades.

    Con motivo do corenta aniversario da nosa autonomía, procede dispoñer dunha perspectiva desta descentralización para clarificar, en primeiro lugar, se existiu un amplo apoio social e político ao proceso e unha satisfacción xeral e crecente dos cidadáns, así como se razóns tanto políticas (as tensións independentistas) como económicas (a Gran Recesión), puideron xerar un certo descenso neste apoio.

    En segundo lugar, neste seminario web analizarase se o dinamismo e a intensidade do proceso xeraron disfuncións e desenvolvementos desequilibrados. En particular, farase fincapé en se se acometeron ou non as necesarias reformas a nivel institucional para o bo funcionamento dun Estado como o español, así como se se cultivou suficientemente a cultura da diversidade propia dos estados federais e se aproveitou a descentralización para experimentar e aprender as mellores prácticas.

    Doutra banda, prestarase especial atención á cuestión da nivelación interterritorial, especialmente intensa cando se trata dos recursos dos gobernos autónomos. Neste punto, o webinario pretende arroxar conclusións acerca dos resultados da política rexional do noso país no últimos corenta anos, dilucidando se os investimentos territorializados estatais e as transferencias de nivelación (que permiten reforzar o capital humano e tecnolóxico nas comunidades autónomas receptoras) conseguiron o seu obxectivo de reequilibrio territorial.

    Finalmente, tratarase de determinar a incidencia que ten a descentralización en España no cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, advertindo dos problemas que puido carrexar o nivel do goberno rexional nos anos da Gran Recesión, pero sen esquecer o papel xogado pola propia Administración central e a Seguridade Social.

    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes instrumentais.
    Data: xoves 20 de maio de 2021.
    Modo de impartición: telepresenza.
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
    Duración: 2 horas lectivas.
    Matrícula: prazo de matrícula ampliado ata as 23.55 horas do 19 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 942 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212