Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada A Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

    Xornadas / Martes, 18 de Maio de 2021.

    A EGAP, en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), convoca para o 21 de maio unha xornada co obxectivo de informar sobre a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. 


    A recentísima aprobación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia abre un novo marco de posibilidades para o presente e mais o futuro do agro e do rural galego e obriga a un replanteamento en común das potencialidades, retos e repercusións en Galicia nos vindeiros anos. Os novos instrumentos, procedementos e medidas recollidos na norma galega van encamiñados á dinamización e á posta en valor do medio rural a través da fixación de poboación, á xestión do territorio para o uso agrícola, gandeiro e forestal, á recuperación e mellora da calidade de vida dos asentamentos rurais e á prevención activa dos lumes.

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes instrumentais, da Administración local, de xustiza, das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral. Terá preferencia na selección o persoal que preste servizos na Agader e na Consellería do Medio Rural.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: 21 de maio
    Horario: mañá e tarde.
    Duración: 8 horas lectivas.
    Número de prazas: 80 
    Inscrición: en https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8 horas do 19 de maio ata cubrir as prazas ofertadas. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 945 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212