Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    O Instituto de Economía Pública de Galicia promoverá a formación avanzada do persoal empregado público en economía e en finanzas públicas

    A Escola / Mércores, 19 de Maio de 2021.

    A Xunta vén de crear o Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP) para promover a formación permanente e avanzada dos empregados públicos en materias específicas da economía e das finanzas públicas.


    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez e a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, asinaron hoxe o protocolo de colaboración para a creación desta nova sección dentro da EGAP, que contará cunha dotación de 500.000 euros para iniciar a súa actividade.

    O Instituto de Economía Pública de Galicia nace comprometido coa formación e a investigación no eido da economía e da facenda pública galega; elaborará informes; e publicará estudos especializados nestas disciplinas. Algúns dos ámbitos nos que se centrará son, o sistema de financiamento autonómico, a fiscalidade ou simplificación administrativa entre outras; e xogará un papel importante na avaliación de proxectos e políticas públicas.

    O seu funcionamento basearase nun modelo de xestión áxil e encamiñado aos resultados e establecerá alianzas con outras administracións, organismos e institucións nacionais, internacionais, públicas o privadas para a mellora do coñecemento e a investigación en materias relacionadas coa economía pública. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 946 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212