Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocada a XXIV edición do Premio Manuel Colmeiro

    Investigación / Xoves, 20 de Maio de 2021.

    A EGAP organiza a XXIV edición do Premio Manuel Colmeiro co gallo de fomentar e distinguir traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia desde calquera perspectiva (histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica).
     


    Obxecto: fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma.
    Persoas destinatarias: Poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio, e unicamente serán obxecto de publicidade o nome e os apelidos da persoa ou persoas gañadoras. No suposto de que se trate de grupos de traballo, acreditarase expresamente a persoa física responsable da dirección do equipo, que será a persoa que figure como solicitante no modelo normalizado de solicitude, así como a porcentaxe de participación de cada integrante do grupo no traballo presentado.
    Dotación económica: 3.500 euros
    Edición da obra: A EGAP editará a obra gañadora do premio, previa formalización do instrumento xurídico correspondente coa/s persoa/s autora/s.
    Traballos de investigación:
    • Serán orixinais (isto é, provirán directamente do seu autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra), inéditos e non premiados con anterioridade. Consideraranse inéditos aqueles traballos que non fosen obxecto de divulgación ou publicación nos termos da lexislación de propiedade intelectual. En consecuencia, non se considerarán inéditos e non se poderán presentar:
      • Aqueles traballos que fosen publicados, divulgados ou postos a disposición do público, por medios telemáticos, xa sexa internet ou outras redes.
      • Aqueles traballos realizados por encargo dunha Administración Pública mediante convenio de colaboración, contratación ou figuras similares, cando no dito documento estea previsto que a propiedade do dito traballo sexa da Administración Pública que o encargou.
      • Aqueles traballos iguais ou que teñan unha similitude substancial con calquera traballo que xa tivera sido premiado en edicións anteriores do premio. 
    • Estarán escritos nalgunha das dúas linguas cooficiais da comunidade autónoma, presentaranse en formato A4, da fonte Times New Roman, tamaño 12 e mecanografados a dobre espazo, e terán unha extensión mínima de 100 páxinas.
    • Poderán versar sobre organización, estrutura, funcións, ámbitos competenciais e/ou actividades administrativas e de servizo público de calquera das administracións a que se refire a base primeira. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.
    Presentación das solicitudes e traballos:
    • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento PR771A).
    • Nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o dito traballo será presentado nun arquivo independente ao do resto da documentación.
    • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de outubro de 2021.
  • Recursos
  •   Resolución no DOG  
  •   Procedemento sede electrónica  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 947 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212