Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Fondos europeos NextGenerationEU

    Cursos / Martes, 8 de Xuño de 2021.

    No marco do programa de actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP), a Escola Galega de Administración Pública convoca o curso monográfico Fondos europeos NextGenerationEU que terá lugar os días 17 e 18 de xuño en Santiago de Compostela.


    Obxectivos: Neste curso monográfico explicarase o contexto dos novos fondos europeos NextGenerationEU (NG) e a súa incidencia na Administración da Xunta de Galicia nos vindeiros anos, comezando pola planificación dos fondos, que afecta tanto o actual período de programación, como o período 2021-2027.
    A continuación, analizarase a integración dos fondos procedentes do paquete de Axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) nos programas operativos Feder e FSE 2014-2020, con especial referencia ás novidades que implica para a xestión dos programas.
    En terceiro lugar, abordaranse os recentes cambios normativos, tanto a nivel estatal como autonómico, que perseguen a axilización e simplificación da xestión dos fondos NG, tanto a través de procedementos de contratación pública ou encargos a medios propios como de concesión de subvencións.
    Finalmente, trataranse cuestións relacionadas co control interno e externo das actuacións financiadas con fondos NG, incluíndo referencias a aspectos relacionados coas medidas antifraude.

    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes instrumentais, que participen na xestión e/ou control de fondos europeos.
    Data: 17 e 18 de xuño de 2021
    Modo de impartición: presencial
    Horario: 17 de xuño, en horario de mañá e tarde; e 18 de xuño, en horario de mañá
    Duración: 11 horas lectivas
    Número de prazas: 80
    Inscrición: desde as 8 horas do 9 de xuño ata as 23.55 horas do 11 de xuño en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no teléfono 981 546 254.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 950 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212