Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario As reformas administrativas poscrise: balance xeral

    Xornadas / Mércores, 9 de Xuño de 2021.

    No marco do ciclo de conferencias sobre "Presente e futuro do emprego público na Administración pos COVID", a EGAP convoca o webinario "As reformas administrativas poscrise: balance xeral" que terá lugar o 17 de xuño na modalidade de telepresenza.

    En tempos de crise, con afectación da economía, as formulacións de reforma e mellora da Administración xeneralízanse como respostas ineludibles. Ao ser positiva a intención de minimizar os efectos negativos deste tipo de situacións, non pasa desapercibido que a maioría das medidas adoptadas, por evidentes e adecuadas en todo momento, necesitasen para a súa implementación un contexto de crise e dificultade.


    Este seminario web ten como principais obxectivos
    • Identificar e analizar o denominador común das medidas adoptadas no ámbito da Administración durante períodos de crise, con especial atención ás propostas con ocasión da emerxencia sanitaria.
    • Analizar a atención recibida por parte dos servidores públicos no contexto das medidas adoptadas.
    • Constatar a coherencia entre as condicións xurídicas e materiais do desempeño público e os obxectivos de mellora expostos polas medidas adoptadas.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: xoves 17 de xuño de 2021
    Modo de impartición: telepresenza
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas
    Duración: 2 horas lectivas
    Número de prazas: 60.
    Inscrición: desde as 8 horas do 10 de xuño ata as 23.55 horas do 14 de xuño en https://egap.xunta.gal/matricula


  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 951 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212