Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocadas as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia

    A Escola / Xoves, 10 de Xuño de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 10 de xuño as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2021, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.


    Poderán ser beneficiarias da liña en réxime de concorrencia competitiva das subvencións convocadas, os concellos, as deputacións provinciais e demais entidades locais recoñecidas no artigo 2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, que promovan plans de formación para o persoal empregado público, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do AFEDAP.

    De conformidade co establecido no artigo 6, segundo parágrafo do AFEDAP, só poderán ser beneficiarias da liña en réxime de concorrencia non competitiva das subvencións convocadas as asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia lexitimamente constituídas ao abeiro do previsto nos artigos 120 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

    As entidades promotoras poderán solicitar subvencións para financiar os seguintes tipos de plans:
    1. Plans unitarios: caracterízanse por afectar o persoal dunha soa entidade local con, polo menos, 200 efectivos.
    2. Plans agrupados: son aqueles que afectan o persoal de dúas ou máis entidades locais que agrupen, polo menos, 200 efectivos. Poderán ser formulados ben polas propias entidades locais das cales dependa o persoal ou ben por federacións ou asociacións de entidades locais. En todo caso, cada entidade local só poderá participar nun único plan agrupado.
    3. Plans interadministrativos: son aqueles destinados non só ao persoal da Administración promotora, senón tamén ao persoal empregado público doutras administracións. Estes plans só poderán ser elaborados polas asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia lexitimamente constituídas ao abeiro do previsto nos artigos 120 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, tanto individualmente por iniciativa propia como mediante as adhesións dos concellos e deputacións provinciais que o desexen.

    Prazo de presentación de solicitudes: dende o 11 de xuño ata o 12 de xullo

  • Recursos
  •   Presentación de solicitudes  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 952 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212