Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP publicará proximamente o número 61 da Revista Galega de Administración Pública

    Publicacións / Mércores, 16 de Xuño de 2021.

    Esta tarde reuniuse o consello editorial da Revista Galega de Administración Pública (Regap) coa finalidade de aprobar os contidos do número 61. Parte dos seus membros participaron na reunión de xeito telemático a través dunha sesión de videoconferencia.


    A próxima publicación desta revista científica incluirá artigos sobre temas de relevancia para o eido público, coma os textos 'Robots, Asistentes virtuais e automatización nas Administracións Públicas', presentado polo catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Oberta de Catalunya Agustí Cerrillo Martínez; 'O organismo español para a igualdade: claves para a súa converxencia co modelo europeo', redactado polo catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Valladolid Fernando Rey Martínez; ou 'Os municipios e as infraestruturas da sociedade da información' elaborado pola profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Jaén Lourdes de la Torre Martínez.

    Completarán este número os estudos sobre as edificacións tradicionais do artigo 40 da Lei do solo de Galicia, do arquitecto técnico Francisco Javier Carro Castro, ou sobre o Réxime xurídico da figura urbanística dos condominios no dereito administrativo galego e no dereito comparado, da funcionaria do Corpo Superior da Administración Xeral Sabela Pardo Rodríguez.

    Ademais, o número 61 incluirá comentarios sobre temas tan diversos coma a Lei 5/2017, de fomento de iniciativas empresariais e a xeolocalización de xacementos arqueolóxicos, a captación dos fondos europeos de recuperación ou os efectos da Directiva ECN+ no sistema de competencia español. Finalmente, a revista conterá catro recensións sobre publicacións recentes no eido da Administración pública.

    Todos estes contidos poderán ser consultados de balde na edición electrónica da Revista Galega de Administración Pública, no enderezo https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP.
     
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 954 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212