Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP reforza a formación do persoal empregado público que xestiona fondos europeos

    Xornadas / Xoves, 17 de Xuño de 2021.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta mañá en Santiago o curso monográfico Fondos Europeos NextGenerationEU co que se reforza a formación dos empregados públicos que participan na xestión de fondos europeos. Na inauguración tamén participou o director xeral de Planificación e Orzamentos, Miguel Corgos; e o director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó.


    Esta actividade, á que asistiron máis de 100 empregadas e empregados públicos con competencias na materia, ten como obxectivo explicar o contexto dos novos fondos europeos NextGenerationEU e a súa incidencia na Administración da Xunta de Galicia nos vindeiros anos.

    Durante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos subliñou que a formación dos empregados públicos neste eido resultará fundamental para favorecer que os proxectos impulsados desde a Administración galega aumenten as súas posibilidades de acceso ás fontes de financiamento europeo.

    Por iso, explicou que unha das liñas estratéxicas da EGAP en 2021 é o reforzo das actividades relacionadas coa xestión de fondos europeos, o que deu lugar durante o primeiro semestre do ano á convocatoria de máis de 500 prazas en formación específica nesta materia.

    Finalmente, a directora da Esco destacou que este curso monográfico é a primeira actividade presencial do Instituto de Economía Pública de Galicia, unha nova sección dentro da EGAP, de recente creación, que ten como obxectivo promover a formación avanzada, o coñecemento dos sistemas de xestión doutras administracións, o debate de ideas e a realización de estudos e informes nun eido tan esixente e cambiante coma o da economía pública.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 955 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212