Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O consello editorial da revista Administración&Cidadanía prepara a próxima publicación

    Publicacións / Martes, 29 de Xuño de 2021.

    Esta tarde reuniuse na Escola e tamén por videoconferencia o equipo editorial da revista Administración&Cidadanía para aprobar os contidos do volume 16 número 1 (xaneiro-xuño 2021).


    O próximo número desta publicación incluirá varios artigos relacionados coas consecuencias da pandemia en diversos eidos. Así, no ámbito económico publicaranse os textos de Ricardo Rivero Ortega, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, sobre o papel das entidades locais na reactivación da economía; e de Serafín Pazos Vidal, doutor en Ciencias Políticas, sobre o Plan “España puede” e a gobernanza territorial.

    Por outra banda, Lorenzo Cotino Hueso, catedrático de Dereito Constitucional da Universitat de Valencia, analizará os toques de queda, confinamentos territoriais e prohibicións de actividades e horarios na contención da covid-19; María Luisa Gómez Jiménez, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Málaga, examinará o novo paradigma regulatorio no exercicio das competencias das administracións locais durante o estado de alarma; e Antonio Garrido Rubia, profesor titular de Ciencia Política da Universidade de Murcia, ofrecerá unha perspectiva comparada da comunicación política e da comunicación de crises sanitarias en España.

    Finalmente, a publicación tamén incluirá un artigo de Fernando González Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña, sobre os contrastes e a competitividade da organización económica de Galicia; e unha reseña do libro de Agustín García Inda ‘El Estado David. Suprimir, sustituir, simplificar. Salida de emergencia del Estado de Bienestar’.


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 956 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212