Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de Administración electrónica 2021

    Cursos / Venres, 2 de Xullo de 2021.

    A EGAP, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), convoca unha nova edición do Curso superior de Administración electrónica.


    Obxectivos: afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán a Administración electrónica desde unha múltiple perspectiva para que as persoas ás cales se dirixe adquiran coñecementos teóricos e prácticos da informática e do dereito ou para que os perfeccionen co fin de completaren a súa formación no dereito da informática.
    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

    a) Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    b) Grupos I e II do persoal laboral.

    No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Prazas: 50
    Datas: do 14 de setembro ao 26 de outubro de 2021.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Duración: 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación. As clases prácticas presenciais desenvolveranse os días 14, 21 e 28 de setembro e 5, 19 e 26 de outubro de 2021.
    Horario das clases presenciais: pola mañá, das 11.00 ás 14.00 horas; pola tarde, das 16.00 ás 19.00 horas.
    Inscrición: desde as 8 horas do 3 de xullo ata as 23.55 horas do día 31 de xullo en https://egap.xunta.gal/matricula.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 957 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212