Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior en ciberseguridade

    Cursos / Luns, 27 de Setembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca un curso en ciberseguridade dirixido ao persoal empregado público con perfís TIC (pertencente a escalas de sistemas e tecnoloxías da información ou que realice funcións TIC) do grupo A do persoal funcionario e dos grupos I e II do persoal laboral. 


    Obxectivos: Concienciar o alumnado da relevancia e importancia da ciberseguridade desde unha perspectiva xurídica e técnica práctica, dotándoo de boas prácticas para previr e detectar contratempos na utilización de sistemas das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). Tratar os aspectos relacionados coas políticas de seguridade na utilización de medios electrónicos, recollidos no Esquema nacional de seguridade (ENS). Proporcionar ao alumnado unha visión global da seguridade dos sistemas de información, das súas vulnerabilidades, das ameazas a que está sometido e dos riscos que comporta o seu uso.
    Prazas: 50
    Duración: 97 horas lectivas (3 horas de clases prácticas presenciais,  24 horas de telepresenza, 69 horas de teleformación e 1 hora para o exame final en liña)
    Datas: o curso desenvolverase desde o 4 de outubro ata o 14 de decembro de 2021. A clase práctica presencial terá lugar o 4 de outubro. As clases de telepresenza desenvolveranse os xoves de cada semana, das 16.00 ás 19.00 horas, os días 14, 21 e 28 de outubro; 4, 12, 18 e 25 de novembro e 2 de decembro.
    Lugar de desenvolvemento: as clases presenciais terán lugar na Escola Galega de Administración Pública
    Inscrición: desde as 8 horas do 28 de setembro ata as 23.55 horas do 30 de setembro na zona de matrícula da EGAP
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 968 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212