Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca os e-martes do mes de outubro, centrados na contratación

    Xornadas / Luns, 27 de Setembro de 2021.

    Os martes 5 e 19 de outubruo terán lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, dúas novas xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que abordarán a contratación pública de Galicia a través dunha parte teórica común aos dous grupos de persoas destinatarias e dunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da escola.



    Persoas destinatarias:
    • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: os martes 5 e 19 de outubro
    Horario: mañá e tarde.
    Duración: 7 horas lectivas cada xornada.
    Número de prazas.
    • Persoal empregado público: 16.
    • Cidadanía: 13.
    Matrícula:
    • Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 5 de outubro: desde as 8 horas do 28 de setembro ata as 23.55 horas do 30 de setembro
    • Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 19 de outubro: desde as 8 horas do 28 de setembro ata as 23.55 horas do 14 de outubro
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 969 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212