Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario Claves para a modernización da estrutura funcionarial

    Xornadas / Martes, 16 de Novembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco do Ciclo de conferencias sobre Presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID, un webinario sobre as "Claves para a modernización da estrutura funcionarial", que terá lugar mediante telepresenza o xoves 25 de novembro. A xornada será impartida pola profesora de Dereito Administrativo, Josefa Cantero Martinez.


    O obxectivo principal deste seminario web é analizar, por unha banda, as oportunidades de mellora que presenta a actual estrutura da función pública, baseada en dous elementos esenciais: o subxectivo, que fai referencia aos corpos do persoal empregado público, e o obxectivo, relacionado co posto de traballo e ás relacións de postos de traballo. E, por outra banda, as adaptacións destes elementos ás esixencias que require unha Administración moderna e que actúa por proxectos, tal como esixe a Administración pos-COVID.

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e entidades públicas instrumentais e da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Data: Xoves, 25 de novembro de 2021.
    Modo de impartición: telepresenza.
    Horario: das 12.30 ás 14.30 horas.
    Duración: 2 horas lectivas.
    Número de prazas: 90.
    Inscrición: desde as 8 horas do 9 de novembro ás 23.55 horas do 19 de novembro na zona de matrícula.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 976 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212