Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Obradoiro de contratación pública. Role play xurídico-práctico

    Xornadas / Mércores, 17 de Novembro de 2021.

    A EGAP convoca un obradoiro de contratación pública coa finalidade de afondar nesta materia desde un punto de vista práctico e usando técnicas de dinámica de grupo como o role play (simulación ou xogo de roles).







    O obradoiro, enmarcado no proxecto Universo EGAP Innova, terá lugar o luns 29 de novembro e será impartido polo consultor Javier Vázquez Matilla.

    Os obxectivos desta actividade serán:

    • Comprender e coñecer todas as fases do procedemento de contratación.
    • Ser capaz de redactar os documentos que compoñen o expediente de contratación.
    • Alertar sobre as dificultades e principais incidencias da contratación pública.
    • Determinar as esixencias de solvencia de forma adecuada.
    • Diferenciar os tipos de criterios de adxudicación, coñecer os riscos e posibilidades de elección.
    • Ser capaz de redactar un prego de condicións e coñecer as posibles vulnerabilidades e os defectos frecuentes.
    • Comprender a dificultade de redactar un modificado previsto.
    • Comprender como redactar condicións especiais de execución e, en relación con iso, coñecer as esixencias do Real Decreto Lei 14/2019, do 31 de outubro.
    • Aprender cal é o contido mínimo dun documento de contrato.

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das Administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais e das universidades do Sistema Universitario de Galicia, que presten servizo en unidades de contratación e que se encadren no grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario e nos grupos I e II do persoal laboral.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela.
    Data: Luns, 29 de novembro de 2021.
    Horario: de 09.00 a 14.30 horas.
    Duración: 6 horas lectivas.
    Número de prazas: 50.
    Inscrición: desde as 8 horas do 18 de novembro ás 23.55 horas do 22 de novembro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Para máis información sobre o curso, prema aquí.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do obradoiro  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 977 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212