Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada de formación práctica dixital E-martes sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia

    Xornadas / Xoves, 18 de Novembro de 2021.

    A EGAP celebrará o próximo 14 de decembro unha nova xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e no marco da Iniciativa Universo EGAP Innova.


    A xornada, que terá lugar en Santiago, constará dunha parte teórica común aos dous grupos de persoas destinatarias e titulada “De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica” e dunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática:

    • Persoal empregado público: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave 365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: Intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica), Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas), Rexel (Recepción electrónica do Sistema Único de Rexistro) e SIR.

    • Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave 365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: eServizos, servizos nas oficinas e Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

    Personas destinatarias:

    • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes públicos instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Data: Martes, 14 de decembro.
    Horario: mañá e tarde.
    Duración: 7 horas lectivas cada xornada.
    Número de prazas:
         Persoal empregado público: 16
         Cidadanía: 13
    Matrícula: Desde as 8 horas do 4 de novembro ata as 23.55 horas do 9 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha da xornada  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 978 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212