Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7   Imagen 3 de 7  

    A EGAP reforza a formación en contratación pública

    Cursos / Luns, 29 de Novembro de 2021.

    Esta mañá tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un obradoiro xurídico-práctico sobre contratación pública dirixido exclusivamente aos empregados públicos de Galicia. Esta sesión formativa, á que asistiron máis de 100 persoas, foi impartido por Javier Vázquez Matilla, e tivo como obxectivo comprender e profundar sobre todas a fases do procedemento de contratación pública desde un punto de vista práctico e usando técnicas de dinámica de grupo coma a role play.



    Durante a clausura desta actividade, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, agradeceu a participación dos asistentes e do relator e incidiu na importancia de ofrecer unha formación actualizada nesta materia, cunha metodoloxía moi práctica, xa que a profesionalización do persoal encargado neste campo é fundamental para a correcta aplicación da normativa.

    Os asistentes puideron coñecer como redactar os documentos que compoñen o expediente de contratación, determinar as esixencias de solvencia de forma adecuada, alertar sobre as dificultades e principais incidencias da contratación e aprender cal é o contido mínimo dun documento de contrato, entre outros aspectos.

    O obradoiro sobre contratación pública encádrase no proxecto Universo EGAP Innova co obxectivo principal de contribuir á autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas Administracións públicas.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 982 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212