Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario Unha visión normativa e xurisprudencial sobre a violencia machista en España

    Xornadas / Venres, 10 de Decembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) organizará o webinario ¨Unha visión normativa e xurisprudencial sobre a violencia machista en España¨ o 16 de decembro, en modalidade de telepresenza.





    O webinario será impartido pola presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), Mª Ángeles Carmona Vergara.

    O obxectivo desta actividade formativa é dar a coñecer os resultados do estudos realizados polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero nos que se analizan, desde un punto de vista científico-profesional, os datos de violencia machista en España e o resultado das últimas modificacións lexislativas e da súa aplicación por parte dos órganos xudiciais, así como a coordinación entre as institucións para tecer as redes de protección das vítimas.

    Tamén se analizarán os retos de futuro do tratamento da violencia de xénero no marco do novo Pacto do Estado contra a violencia de xénero, renovado o pasado 25 de novembro.


    Personas destinatarias: está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: Xoves, 16 de decembro de 2021.
    Modalidade: telepresenza.
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
    Duración: 2 horas lectivas.
    Prazas: 100.
    Matrícula: desde as 8.00 horas do 11 de decembro ata as 23.55 horas do 14 de decembro na zona de matrícula da EGAP.
     
  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Matrícula  
  •   Ficha da xornada  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 983 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212