Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Publicado o Plan de formación para o ano 2022

    Cursos / Luns, 27 de Decembro de 2021.

    A EGAP publica no DOG do 27 de decembro as 674 actividades e 34.419 prazas de formación continua que serán convocadas ao longo do próximo ano. Estas accións están dirixidas en exclusiva ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).


    Para elaborar o plan seguíronse as seguintes liñas estratéxicas:
    1. Atención específica ás principais novidades lexislativas, co propósito de garantir a actualización permanente dos coñecementos por parte dos empregados/as públicos/as.
    2. Incorporación de contidos innovadores, e que presentan un carácter estratéxico para o conxunto da función pública de Galicia, e, por ende, para a mellora e modernización das Administracións públicas.
    3. Enfoque eminentemente práctico á hora de abordar os contidos, procurando a máxima aplicabilidade dos coñecementos en materias esenciais como contratación pública, procedemento administrativo, persoal, subvencións etc
    4. Ampliación e diversificación da oferta formativa destinada a mellorar as habilidades persoais do persoal empregado público, co obxecto de potenciar aquelas que resultan esenciais no actual contexto social.
    5. Compromiso coa formación dos empregados/as públicos en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.
    6. Ampla oferta formativa en idiomas, que continúa a incrementarse e diversificarse.
    7. Reforzo dos contidos en materia da Unión Europea coa incorporación de novos títulos, o incremento da formación sobre xestión de fondos europeos e a promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
    Cómpre destacar que para acceder ás accións formativas recollidas neste plan será preciso formalizar a matrícula, despois de que se publiquen as correspondentes convocatorias no Diario Oficial de Galicia.

  • Recursos
  •   Resolución no DOG  
  •   Plan de formación 2022  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 989 de 1239
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212