Webinario O reto da COVID-19 na xestión do persoal nas universidades públicas
Xornadas / Xoves, 13 de Xaneiro de 2022.
O próximo 20 de xaneiro a EGAP impartirá un webinario destinado a analizar os problemas derivados da crise sanitaria na xestión dos recursos humanos nunha institución complexa como son as universidades, onde a presencialidade e o contacto cos usuarios é intenso, aínda que asimétrico, así como as solucións que se desenvolveron e as propostas de reforma ante unha situación coa cal é posible que haxa que convivir no futuro. Na exposición farase mención aos tres tipos de persoal que prestan servizo nas universidades públicas: o persoal docente e investigador, o persoal de administración e servizos e o persoal investigador e de apoio á investigación.
Persoas destinatarias: esta actividade está dirixida ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Data: xoves 20 de xaneiro de 2022.
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
Número de prazas: 100
Inscrición: desde as 8 horas do 14 de xaneiro ata as 23.55 horas do 17 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/matricula
As persoas interesadas deberán seleccionar primeira a área en que está integrada esta actividade (Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e despois seleccionar en nome do curso: webinario O reto da COVID-19 na xestión de persoal nas universidades públicas.