Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Consellería de Facenda e Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2022

    A Escola / Martes, 18 de Xaneiro de 2022.

    Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar as letras galegas, e especialmente este ano a Florencio Delgado Gurriarán, convócase, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.


    Participantes: poderán optar aos premios os nenos e nenas que teñan a súa vecindade administrativa en calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
    Contido: Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12, e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.
    Premios: en cada categoría existirán tres premios en metálico coa seguinte dotación económica:

      De 9 a 11 anos De 12 a 14 anos
    1º premio 250 euros 250 euros
    2º premio 200 euros 200 euros
    3º premio 150 euros 150 euros

    Presentación de solicitudes: presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (PR775A). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

    Máis información no DOG do 18 de xaneiro
  • Recursos
  •   Resolución no DOG  
  •   Formulario Sede electrónica  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 991 de 1035
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia