Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo
A Escola / Mércores, 19 de Xaneiro de 2022.
A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación dirixida persoas que remataran os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2016 e que acrediten a titulación de licenciatura ou grao en Dereito ou en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas.
Duración da bolsa: desde a incorporación da persoal candidata seleccionada ata o 31 de decembro de 2022.
Importe: 1.100 euros brutos mensuais
Solicitudes: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario PR770F dende o 20 de xaneiro ata o 21 de febreiro.
Xunto coa solicitude será preciso achegar unha memoria que versará sobre a simplificación e a racionalización dos procedementos administrativos como elementos vertebradores dunha nova cultura administrativa, cunha extensión máxima de 20 follas.