A Escola convoca o webinario Proposta dun novo modelo de emprego público
Xornadas / Luns, 14 de Marzo de 2022.
A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco do Ciclo de conferencias sobre Presente e futuro do emprego público na Administración post-COVID, o webinario Proposta dun novo modelo de emprego público que terá lugar o próximo 24 de marzo.
A COVID-19 puxo de relevo a importancia do noso sector público. O talento dos recursos humanos dispoñibles na Administración pública foi unha variable crucial, tanto para combater a pandemia en si mesma, como para afrontar con éxito os seus devastadores efectos sobre a economía e a sociedade. Ao mesmo tempo, o reto que supuxo a pandemia, puxo de manifesto algunhas limitacións, de xeito que a reforma de emprego público está chamada a ser un asunto relevante na chamada nova normalidade, para iluminar un cambio de modelo que atenda as necesidades que veñen expondo.
Obxectivo: dar resposta á necesidade de que o emprego público siga evolucionando para adaptarse ás novas exixencias e retos, ofrecendo a proposta dun novo modelo baseado en competencias e ámbitos funcionais que permita transformar desde os sistemas de selección, ata a carreira profesional e a avaliación do desempeño.
Persoas destinatarias: ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Data: xoves 24 de marzo de 2022
Modo de impartición: telepresenza
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas
Duración: 2 horas lectivas
Prazas: 100
Inscrición: desde as 8 horas do 15 de marzo ata as 23.55 horas do 20 de marzo na zona de matrícula.