Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario sobre a Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia

    Xornadas / Luns, 28 de Marzo de 2022.

    A Comunidade Autónoma de Galicia vén experimentando nas últimas décadas un importante proceso de transformación demográfica, socioeconómica e cultural. Os trazos máis salientables da súa dinámica demográfica, compartidos co resto de España, Europa e os países desenvolvidos, son, por unha parte, o incremento da esperanza de vida e, por outra, a variación da fecundidade, que en Galicia, como en todas as sociedades avanzadas, diminuíu nos últimos sesenta anos, malia que aquí dun xeito máis rápido e marcado.


    A necesidade dunha abordaxe máis profunda dos efectos derivados do cambio demográfico e dun compromiso estratéxico que permita establecer medidas de xestión estables a medio e longo prazo promoveu a aprobación da Lei de impulso demográfico de Galicia, que ten o obxectivo de servir como marco e orientación das actuacións en materia demográfica para favorecer un desenvolvemento social, económico e ambiental sustentable e territorialmente equilibrado.

    O obxectivo do webinario é dar a coñecer o contido da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, e os criterios que impulsan as políticas públicas e actuacións en materia demográfica.

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e das súas entidades públicas instrumentais; da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza, e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: xoves 21 de abril de 2022
    Modo de impartición: telepresenza
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas
    Duración: 2 horas lectivas
    Número de prazas: 100 
    Inscrición: desde as 8 horas do 29 de marzo ata as 23.55 horas do 4 de abril na Área de matrícula 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do webinario  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1018 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212