Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

    Xornadas / Mércores, 30 de Marzo de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova e en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.


    Persoas destinatarias
    • O persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.
    Contidos: A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 19 de abril de 2022 abordará os seguintes contidos:
    • A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
    • Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
    • O xestor de expedientes de contratación (Plation).
    • Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC).
    • Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.
    Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de destinatarios.

    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Data: o martes 19 de abril de 2022.
    Horario: de mañá e tarde.
    Duración: 7 horas lectivas.
    Número de prazas: 50 
    Inscrición: desde as 8 horas do 31 de marzo ata as 23.55 horas do 6 de abril na Área de matrícula. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1019 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212