Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Itinerario de excelencia na demanda de innovación

    Cursos / Xoves, 31 de Marzo de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain), o curso monográfico Itinerario de excelencia na demanda de innovación que terá lugar entre o 19 e o 27 de abril. 


    A contratación é un factor esencial na racionalización do gasto público e un elemento vertebrador da simplificación administrativa. Neste ámbito, a compra pública innovadora (CPI) constitúe un instrumento de fomento da innovación orientada a potenciar o desenvolvemento de novos mercados innovadores desde o lado da demanda. En tal sentido, a adquisición de bens, obras e servizos innovadores desempeña un papel clave na mellora da eficiencia, na calidade e na modernización dos servizos públicos e, ao mesmo tempo, pola relación que implica co sector privado, é un estímulo salientable para a innovación empresarial.

    Desde estas premisas, pódense destacar como principais obxectivos do curso os seguintes:
    • A formación e o perfeccionamento do persoal empregado público para poñer en práctica unha contratación pública que promova a innovación.
    • A remoción dos obstáculos que impiden promover a innovación desde a demanda, capacitando o persoal público para preparar as licitacións de maneira que se incentive a presentación de ofertas que incorporen solucións innovadoras.
    • O traballo con casos prácticos reais, para permitir unha formación experiencial.
    Número de prazas: 50
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que realice funcións relacionadas coa compra pública innovadora, que poida xustificar debidamente que as súas funcións están relacionadas coa materia impartida e que se encadre nalgunha das seguintes categorías: 
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local galega, que realice funcións relacionadas coa compra pública innovadora e que se encadre nalgunha das seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    Lugar: EGAP; rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: 19, 20, 21, 26 e 27 de abril de 2022.
    Horas lectivas: 20.
    Horario: de tarde.
    Inscrición: desde as 8 horas do 1 de abril ata as 23.55 horas do 6 de abril na Área de matrícula. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1020 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212