Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior sobre o Plan xeral de contabilidade

    Cursos / Xoves, 21 de Abril de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, dentro do programa de actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia, un curso superior que ten por obxecto adquirir ou, de ser o caso, actualizar os coñecementos do alumnado no Plan xeral de contabilidade, analizando as novidades máis relevantes da última reforma contable en vigor desde o 1 de xaneiro de 2021 e que afecta a normativa sobre instrumentos financeiros e recoñecemento de ingresos.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encadre nalgunha das seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    Modalidade: teleformación.
    Duración: 40 horas.
    Edicións: 1.
    Datas: do 9 de maio ao 30 de xuño.
    Proba final: 4 de xullo ás 17.00 horas.
    Número de prazas: 50.
    Matrícula: desde as 9 horas do 22 de abril ata as 23.55 horas do 29 de abril na área de matrícula da EGAP.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1027 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212