Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP forma a empregados públicos en materia de fiscalidade internacional

    Cursos / Martes, 19 de Abril de 2022.

    Un total de corenta empregados públicos das administracións galegas participan desde hoxe e ata o vindeiro 12 de maio no curso monográfico Introdución á fiscalidade internacional, organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia. 


    O curso, que ofrece 25 horas lectivas en formato semipresencial, busca proporcionar ao alumnado unha visión xeral da fiscalidade internacional e comunitaria, que lle permita comprender e profundar no coñecemento de aspectos clave da materia coma os criterios ou puntos de conexión utilizados para o reparto das competencias fiscais entre os Estados, a determinación da residencia fiscal, os tipos de réximes fiscais, as medidas das que se dotan os países para evitar a evasión fiscal, o ou a tributación dos non residentes.

    A inauguración, celebrada esta mañá, contou coa asistencia da directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos e coas intervencións dos docentes José Manuel Iglesias, profesor de Dereito Financeiro e Tributario da USC, e Miguel Ángel Vázquez Taín, profesor de Economía Pública e Sistemas Fiscais da USC, que impartiron a única sesión presencial do curso. O resto dos módulos serán impartidos a través da Aula virtual da Escola na modalidade de teleformación.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1026 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212