Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior en ciberseguridade

    Cursos / Martes, 19 de Abril de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca o curso superior en ciberseguridade para afondar no coñecemento desta materia, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como desde unha perspectiva práctica.


    Obxectivos:
    • Concienciar o alumnado sobre a relevancia da ciberseguridade desde todos os ámbitos, desde a perspectiva normativa á técnica e, así mesmo, dotalo das boas prácticas precisas para previr e detectar contratempos no emprego de sistemas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
    • Dar a coñecer os aspectos relacionados coas políticas de seguridade na utilización dos medios electrónicos, que se recollen no Esquema nacional de seguridade (ENS).
    • Proporcionar ao alumnado unha visión global da seguridade dos sistemas de información, das súas vulnerabilidades, das ameazas a que están sometidos e dos riscos que comporta o seu uso.
    Número de prazas: 50
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais, e da Administración institucional, da Administración local, e das universidades do Sistema universitario de Galicia, con perfís en tecnoloxías da información e do coñecemento (pertencente a escalas de sistemas e tecnoloxías da información ou que realice funcións TIC) que poida xustificar debidamente que as súas funcións están relacionadas coa materia impartida e que se encadren nas seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, do subgrupo C1 do persoal funcionario ou do grupo III do persoal laboral con perfís en tecnoloxías da información e do coñecemento (pertencente a escalas de sistemas e tecnoloxías da información ou que realice funcións TIC) que poida xustificar debidamente que as súas funcións están relacionadas coa materia impartida.
    Duración: 101 horas lectivas, distribuídas da seguinte forma: 3 horas presenciais, 27 horas de telepresenza, 70 horas de teleformación e 1 hora de exame final en liña.
    Modalidade e datas: o curso desenvolverase desde o 25 de abril de 2022 ata o 23 de xuño de 2022. A modalidade de impartición do curso será mixta, con sesións presenciais, de telepresenza e de teleformación. A xornada inaugural presencial terá lugar o 25 de abril de 2022, en horario de mañá. As clases de telepresenza desenvolveranse os mércores de cada semana en horario de tarde, salvo a clase final; a primeira será o mércores 27 de abril e a última o luns 20 de xuño.
    Matrícula: desde as 8 horas do 20 de abril ata as 23.55 horas do 21 de abril na área de matrícula da Escola. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1025 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212