Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Economía política e estabilidade orzamentaria

    Cursos / Martes, 12 de Abril de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso monográfico dirixido a estudar e analizar os conceptos básicos sobre as políticas públicas relacionadas co principio de estabilidade orzamentaria.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais, da Administración institucional, das entidades locais de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encadre nalgunha das seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    Datas: 25 e 27 de abril; 2 e 4 de maio.
    Horario: de tarde.
    Modalidade: presencial.
    Duración: 12 horas.
    Lugar: EGAP (rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela).
    Número de prazas: 40 prazas.
    Solicitudes e prazos: desde as 9.00 horas do 13 de abril ata as 23.55 horas do 18 de abril de 2022 na área de matrícula da Escola.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1024 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212