Cursos de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación
Cursos / Mércores, 6 de Abril de 2022.
A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio con Cualtis, S.L.U., convoca cursos de prevención de riscos laborais dirixidos ao persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos centros de traballo da provincia de Lugo recollidos na convocatoria.
Inscrición: desde as 8 horas do 7 de abril ata as 14 horas do 20 de abril na área de matrícula da Escola.
Actividades convocadas:
-
CV22042: Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
-
Persoas destinatarias: Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención da Residencia de Maiores A Milagrosa en Lugo.
-
CV22043: Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
-
Persoas destinatarias: Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70.
-
CV22044: Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
-
Persoas destinatarias: Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención da Residencia de Maiores As Gándaras, en Lugo.