Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario Cara a unha reforma do sistema de acceso ao emprego público

    Xornadas / Luns, 25 de Abril de 2022.

    A COVID-19 puxo de relevo a importancia do noso sector público. O talento dos recursos humanos dispoñibles na Administración pública foi unha variable crucial, tanto para combater a pandemia en si mesma, como para afrontar con éxito os seus devastadores efectos sobre a economía e a sociedade. Ao mesmo tempo, o reto que supuxo a pandemia puxo de manifesto algunhas limitacións, de xeito que a reforma do emprego público está chamada a ser un asunto relevante na denominada nova normalidade, para alumear un cambio de modelo que atenda ás necesidades que se veñen expoñendo.


    Neste sentido, en España, algunhas administracións públicas elaboraron informes oficiais sobre a reforma dos sistemas de acceso ao emprego público e, nalgún caso, as conclusións dos ditos informes están xa en vías de execución. Trátase, ademais, dunha tendencia que é probable que se estenda proximamente a outras administracións públicas.

    O obxectivo deste webinario é abordar o debate aberto arredor da conveniencia dunha eventual reforma dos sistemas de acceso ao emprego público, mediante o exame do contido dos devanditos informes oficiais e outras reflexións adicionais.

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais; da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: xoves 19 de maio de 2022.
    Modo de impartición: telepresenza.
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
    Duración: 2 horas lectivas.
    Número de prazas: 100
    Inscrición: desde as 8 horas do 26 de abril ata as 23.55 horas do 11 de maio na área de matrícula da EGAP.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1029 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212