Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia

    Xornadas / Luns, 25 de Abril de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca unha nova xornada de formación práctica dixital sobre o rexistro electrónico da Xunta de Galicia que se desenvolverá o día 10 de maio. 


    Persoas destinatarias: 
    • O persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Data: o martes 10 de maio de 2022.
    Horario: de mañá e tarde.
    Duración: 7 horas lectivas.
    Número de prazas: 50
    Inscrición: desde as 8 horas do 26 de abril ata as 23.55 horas do 3 de maio na área de matrícula da EGAP. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1030 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212