Curso de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación
Cursos / Mércores, 11 de Maio de 2022.
De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e Cualtis, S.L.U. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócase un curso dirixido ao persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como ao persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70.
Matrícula: desde as 8 horas do 12 de maio ata as 14 horas do 19 de maio na área de matrícula da EGAP.