Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Actos de conmemoración do Día das Letras Galegas e do 35 aniversario da creación da Escola

    Xornadas / Xoves, 12 de Maio de 2022.

    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2022 ao poeta Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). A Escola Galega de Administración Pública, como institución pública galega, súmase á homenaxe deste insigne escritor en lingua galega.

    Doutra banda, este ano cúmprense trinta e cinco anos da aprobación da Lei 4/1987, do 27 de maio, que crea a Escola Galega de Administración Pública como organismo autónomo encargado da formación e capacitación do persoal empregado público, da investigación e divulgación de todas aquelas materias de interese para o persoal ao servizo das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, así como da difusión e normalización do idioma galego na Administración pública.

    Os actos conmemorativos destas dúas efemérides coincidentes no mes de maio, o 35º aniversario da creación da EGAP e o Día das Letras Galegas, consistirán na celebración dun acto literario, así como nunha viaxe de interese cultural.


    Persoas destinatarias: 
    • No acto literario e conmemorativo poderá participar calquera persoa interesada ata completar a capacidade.
    • Á viaxe cultural terá acceso só o persoal empregado público ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 50 prazas). No caso de presentárense máis solicitudes que prazas, terá preferencia o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.
    Desenvolvemento:
    • 20 de maio: ás 12.00 horas, no salón de actos da EGAP, terá lugar un acto literario e conmemorativo. Na homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán participarán Luisa Castro Legazpi, escritora e directora do Instituto Cervantes en Nápoles, e Xosé Carlos Caneiro, escritor e columnista de La Voz de Galicia, e terá lugar unha interpretación musical a cargo de Emilio Rúa. Así mesmo, no acto levaranse a cabo diversas actividades de conmemoración do 35º aniversario da EGAP.
    • 21 de maio: realizarase unha viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu boa parte da vida de Florencio Delgado Gurriarán.
    Inscrición: 
    As persoas interesadas en participar no acto literario deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/). O prazo estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ata as 23.00 horas do día 18 de maio de 2022.
    Unha vez formalizada a inscrición, as persoas interesadas en participar na viaxe cultural deberán, ademais, enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, en que indiquen o seu nome, apelidos e datos de contacto, así como o seu vínculo de pertenza a calquera das administracións públicas de Galicia.
    A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir ao acto conmemorativo. A selección das persoas participantes na viaxe cultural realizarase tendo en conta a data e a hora de recepción do correo electrónico.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1032 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212