Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario Acceso á información pública. Sistema de atención á cidadanía (Siaci)

    Xornadas / Venres, 13 de Maio de 2022.

    O sector público autonómico pon ao dispor da cidadanía os medios para facilitarlles o exercicio dos seus dereitos, o cumprimento dos seus deberes e o acceso aos servizos públicos. Este conxunto de medios articúlase mediante o Sistema integrado de atención á cidadanía da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Siaci), que ten entre as súas principais funcións a de proporcionar á cidadanía información de carácter xeral, particular ou pública.


    Obxectivo: facilitar o emprego da ferramenta Siaci no que se refire ao procedemento de acceso á información pública, que foi incorporado ao Sistema Integrado de atención á cidadanía o 1 de xaneiro de 2022. Para tal obxecto, explicarase a tramitación dos procedementos de Siaci e abordarase a aclaración das diferenzas normativas e de tramitación de cada un deles.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais.
    Data: venres 20 de maio de 2022.
    Modo de impartición: telepresenza.
    Horario: das 10.00 ás 13.00 horas.
    Duración: 3 horas lectivas.
    Prazas: 100
    Inscrición: desde as 8 horas do 14 de maio ata as 23.55 horas do 18 de maio na área de matrícula.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1033 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212