Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocados os cursos correspondentes ao primeiro semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2022

    Cursos / Mércores, 18 de Maio de 2022.

    Con data do 27 de abril de 2022 a Consellería de Emprego e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública subscribiron un convenio para a organización do Plan anual 2022 para o persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia que forma parte do proxecto Plan de formación permanente para el persoal do SNE (2021-2023), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.


    O citado proxecto enmárcase no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, e está incluído na política panca VIII. Nova economía dos coidados e políticas de emprego, compoñente 23. Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo, investimento 5. Gobernanza e impulso ás políticas de apoio á activación para o emprego.

    Este Plan anual contribúe ao cumprimento do obxectivo nº 348 incluído na proposta de Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España, do 16 de xuño de 2021, aprobada definitivamente polo Consello da Unión Europea o 13 de xullo de 2021. Ademais, este plan ten en conta todos os requirimentos establecidos nas disposicións operativas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o citado obxectivo.

    Persoas destinatarias: o persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade.
    Solicitudes e prazos: desde as 9 horas do 19 de maio ata as 23.55 horas do 25 de maio na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1035 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212