Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP celebra o Día das Letras Galegas e os 35 anos de existencia da Escola

    A Escola / Venres, 20 de Maio de 2022.

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou hoxe, venres, en Santiago, os actos conmemorativos de celebración do 35 aniversario da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), acompañado pola directora da entidade, Sonia Rodríguez-Campos. No acto tamén participaron a directora do Instituto Cervantes en Burdeos, Luisa Castro, e o escritor Xosé Carlos Caneiro.


    A celebración estivo centrada en lembrar as tres décadas e media de vida dun organismo que hoxe é un referente da formación continua dos empregados públicos, segundo afirmou Miguel Corgos, quen na súa intervención recordou aos seis directores da Escola e agradeceu a súa implicación de acadar o obxectivo de impartir cada vez máis formación a diferentes colectivos públicos, cunha maior especialización e incorporando as novas tecnoloxías para prestar un servizo fundamental á función pública galega.

    O responsable da Facenda e a Administración Pública autonómicas fixo especial fincapé no crecemento das actividades formativas impartidas, pasando de 33 no ano 1987 a 787 35 anos despois, en paralelo ao iincremento do orzamento da EGAP, que supera na actualidade os 4 millóns de euros.

    Miguel Corgos rematou instando aos asistentes a non conformarse con todo o acadado ao longo destes 35 anos, senón a continuar traballando na profesionalización da función pública galega, a través do fomento da aprendizaxe continua e da innovación.

    A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos destacou o traballo realizado polo organismo durante estes anos con actuacións destinadas a acadar un sector público máis eficiente e eficaz a través da formación e a investigación co gallo de consolidar unha Administración de calidade cun persoal capacitado para ofrecer o mellor servizo á cidadanía galega. Neste tempo, incidiu, superáronse retos transcendentais como a incorporación das novas tecnoloxías ao contorno laboral e á docencia, a integración de todos os colectivos de empregados públicos á formación continua, a promoción e posta en valor da lingua galega, ou o fomento da investigación no eido público.

    Recompilación de lexislación autonómica
    Durante o acto conmemorativo presentouse a obra “Lexislación autonómica. Galicia 1981-”, unha publicación elaborada coa finalidade de ofrecer unha visión de conxunto do marco normativo de rango legal vixente na Comunidade Autónoma de Galicia e subministrar á vez elementos que faciliten a comprensión do sentido e alcance deses textos normativos así como a súa adecuada aplicación por parte dos operadores xurídicos e da cidadanía en xeral.

    Logo de transcorridos máis de corenta anos desde a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, esta recompilación recolle a versión vixente das principais leis e normas con rango de lei autonómicas ditadas ao abeiro das competencias da Comunidade Autónoma galega asumidas estatutariamente. A obra será actualizada periodicamente para incluír as novidades normativas.  


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1036 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212