Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    XXV edición do Premio Manuel Colmeiro

    Investigación / Mércores, 15 de Xuño de 2022.

    A Consellería de Facenda e Administración Pública convoca unha nova edición do Premio Manuel Colmeiro, un certame creado coa finalidade de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes publicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma.


    Persoas destinatarias: persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio, e unicamente serán obxecto de publicidade o nome e os apelidos da persoa ou persoas gañadoras.
    Dotación económica: 3.500 euros. No caso de que o traballo premiado o presentase máis dunha persoa, a dotación económica do premio distribuirase proporcionalmente entre todas as persoas integrantes do grupo de traballo.
    Traballos de investigación:
    • Os traballos serán orixinais (isto é, provirán directamente do seu autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra), inéditos e non premiados con anterioridade. Teranse por inéditos aqueles traballos que non fosen obxecto de divulgación ou publicación nos termos da lexislación de propiedade intelectual. 
    • Os traballos, escritos nalgunha das dúas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma, presentaranse en formato A4, da fonte Times new roman, tamaño 12 e mecanografados a dobre espazo, e terán unha extensión mínima de 100 páxinas. 
    • Poderán versar sobre a organización, estrutura, funcións, ámbitos competenciais e/ou actividades administrativas e de servizo público de calquera das administracións a que se refire a base primeira. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.
    Forma e lugar de presentación das solicitudes e traballos: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Co obxecto de garantir o anonimato, nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora deles, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o dito traballo será presentado nun arquivo independente ao do resto da documentación. 
    Prazo de presentación das solicitudes e dos traballos: desde 16 de xuño ata o 15 de outubro de 2022.
  • Recursos
  •   Resolución no DOG  
  •   Formulario da sede electrónica  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1042 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212