Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de Administración electrónica

    Cursos / Mércores, 15 de Xuño de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, convoca unha nova edición do curso superior de Administración electrónica que terá lugar en modalidade mixta (presencial e teleformación) entre o 13 de setembro e o 25 de outubro.


    Un dos obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia é a prestación de servizos públicos máis eficaces, eficientes e accesibles á cidadanía mediante o emprego das tecnoloxías dixitais, a través da implantación dunha administración electrónica capaz de se relacionar coa cidadanía e coas empresas mediante as canles electrónicas. Para lograr este propósito, a formación dos empregados públicos é esencial, pois permite a mellora da capacidade de desempeño das súas funcións e a asunción de novos procedementos de traballo, o que contribuirá, en grande medida, a conseguir unha administración máis eficaz e eficiente.

    O curso superior de Administración electrónica pretende afondar no coñecemento desta materia e, deste xeito, poden destacarse como principais obxectivos do curso os seguintes:
    • Concienciar o alumnado sobre a importancia que ten a implantación da Administración electrónica nas distintas administracións da nosa comunidade.
    • Proporcionar, ás persoas ás que se dirixe, coñecementos acerca do réxime xurídico da administración dixital, así como perfeccionar e completar a súa formación práctica neste ámbito.
    Prazas: 70
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadre nas seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e da Administración de xustiza.

    Datas: desde o 13 de setembro ata o 25 de outubro de 2022.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Duración: 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación. As clases prácticas presenciais desenvolveranse os días 13, 20 e 27 de setembro e 4, 11 e 25 de outubro de 2022.
    Horario das clases presenciais: pola mañá, das 11.00 ás 14.00 horas; pola tarde, das 16.00 ás 19.00 horas.
    Matrícula: desde as 8 horas do 16 de xuño ata as 23.55 horas do 31 de xullo na área de matrícula da EGAP.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1041 de 1213
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212