Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario A Lei 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

    Xornadas / Xoves, 23 de Xuño de 2022.

    A crise da COVID-19 puxo de manifesto que era preciso contar cunha maior regulación no que respecta á articulación dos mecanismos extraordinarios que recolle a lexislación para tutelar a saúde pública ante as crises sanitarias. A esta consideración responde a Lei 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Esta lei trata de responder, fundamentalmente, á necesidade dunha maior concreción das medidas susceptibles de ser adoptadas nestes casos e de contar cunha axeitada regulación dos requisitos exixibles para a súa adopción por parte da autoridade sanitaria competente, así como á necesidade dunha maior claridade e concreción do réxime sancionador aplicable e da precisión dos termos e do alcance da garantía xudicial.


    Obxectivo: dar a coñecer o contido da Lei 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, con especial fincapé nas modificacións que introduciu respecto da regulación anterior.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: xoves 30 de xuño 
    Modo de impartición: telepresenza
    Horario: das 11.00 ás 12.30 horas
    Duración: 1 hora e media lectiva
    Número de prazas: 100
    Inscrición: desde as 8 horas do 24 de xuño ata as 23.55 horas do 28 de xuño na área de matrícula da EGAP. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1044 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212