Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario A protección do denunciante: Plan de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia

    Xornadas / Mércores, 29 de Xuño de 2022.

    A Directiva (UE) nº 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión, abriu un período de adaptación normativa e executiva que tiña como finalidade incorporar as súas previsións, previsións que o sector público debería cumprir antes do 17 de decembro de 2021.

    Un dos instrumentos substantivos do sistema institucional deseñado para a protección do denunciante é a posta en marcha de canles internas efectivas para a tramitación das denuncias, poñendo en marcha as vías adecuadas para a súa tramitación e garantindo a protección do denunciante.

    A directiva establece as normas mínimas para que os Estados membros introduzan e manteñan as disposicións que sexan máis favorables, polo que os distintos niveis da Administración deben regular o seu deseño e adopción dentro do marco de integridade institucional. Neste sentido, este webinario pretende dar a coñecer o contido da Directiva e o Plan de prevención de riscos de xestión que adoptou a Comunidade Autónoma de Galicia a finais do ano 2021 e que está plenamente vixente.


    De acordo con este obxectivo, trataranse os seguintes contidos:
    • A Directiva (UE) nº 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión.
    • A integridade institucional e o avance da Administración pública en España.
    • O estado da cuestión na Comunidade Autónoma de Galicia: Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia, aprobado o 10 de decembro de 2021.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: martes 5 de xullo de 2022.
    Modo de impartición: telepresenza.
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
    Duración: 2 horas lectivas
    Prazas: 100
    Inscrición: desde as 8 horas do 30 de xuño ata as 23.55 horas do 3 de xullo na área de matrícula. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do webinario  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1045 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212