Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP prepara o número 63 da Revista Galega de Administración Pública

    Investigación / Xoves, 14 de Xullo de 2022.

    Esta mañá reuniuse na EGAP o consello editorial da Revista Galega de Administración Pública (Regap) coa finalidade de aprobar o contido do número 63.


    Os efectos da pandemia na transparencia e o bo goberno formarán parte da próxima publicación desta revista científica cos artigos titulados “Democracia de calidade e esixencias de bo goberno trala crise pandémica”, do catedrático de Dereito constitucional da universidade de Valencia Luis Jiménez Quesada, e “O impacto da covid na transparencia”, da profesora axudante doutora da Universidade Complutense de Madrid María Olaya Godoy Vázquez.

    Completarán o número os estudos titulados “A protección cuantitativa da auga: un breve repaso ao máis esencial ante o reto da escaseza e da sequía en España”, realizado por Sara García García, profesora de Dereito administrativo da Universidade de Valladolid, e “A acción exterior de Galicia tras 40 anos do Estatuto de Autonomía”, presentado por María Teresa Ponte Iglesias, catedrática de Dereito Internacional Público da Universidade de Santiago de Compostela.

    Ademais, o número 63 incluirá comentarios sobre o tratamento xurídico do patrimonio arqueolóxico na Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia e sobre xurisprudencia contencioso-administrativa.

    Finalmente, a revista conterá catro recensións sobre publicacións recentes no eido da Administración pública.

    Todos estes contidos poderán ser consultados de balde na edición electrónica da Revista Galega de Administración Pública, no enderezo https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP.
     
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1046 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212